Con motivo do levantamento das restricións do confinamento para os nenos e nenas de ata 14 anos, o Concello de Vilagarcía reabre a partires de mañá os parques públicos e as praias do municipio para uso exclusivo do paseo dos menores e para facilitar o cumprimento da norma de distanciamento social que debe manterse en calquera caso. O acceso a estas zonas queda totalmente restrinxido á actividade cos menores e baixo as condicións establecidas polo Estado. O goberno local fai un chamamento á responsabilidade para que o goce da esperada medida de alivio para os cativos e cativas se faga coa prudencia necesaria para non provocar un efecto non desexado no control da pandemia do coronavirus. |
25.04.2020.- Dende o Concello lémbrase que so poderán acudir a estas zonas de esparexemento ás persoas cuxo domicilio do menor se atope a menos dun quilómetro de distancia do parque ou praia. Polo tanto, un veciño do Piñeiriño non poderá levar a pasear ao seu fillo á praia da Compostela, nin á de Bamio, pero si ao Castriño, por exemplo. Os menores de 14 anos deben ir sempre acompañados de un único adulto, podendo un mesmo adulto levar a un máximo de tres menores. Durante o paseo debe manterse sempre unha distancia con terceiros non inferior aos dous metros. Só se pode realizar un paseo ao día, en horario de 9 da mañá ás 9 da noite, evitando, na medida do posible, facelo en horas punta ou de maior afluencia de xente na vía pública. Ë imprescindible que tanto os menores como o adulto que os acompañe extremen as medidas de hixiene (lavado de mans) antes de saír da casa é ao regresar a ela. Lémbrase que non se poderán utilizar as zonas de xogo infantís que poidan existir nos espazos habilitados para o paseo ou noutros puntos, así como tamén permanecen precintadas instalacións e equipamentos deportivos. Esta media de alivio ten como finalidade contribuír a mellorar o estado emocional e anímico dos cativos tras varias semanas de confinamento e permitirlles facer algo de actividade física, polo que os paseos serán iso, paseos, nos que poderán realizar realizar actividade física e xogos, pero non se permitirán actividades estáticas como, por exemplo deitarse a tomar o sol. Tampouco está permitido o baño. Dende o goberno local de Vilagarcía faise un chamamento á responsabilidade individual dos vilagarciáns para que cumpran escrupulosamente as normas, de xeito que o goce desta primeira flexibilización do confinamento se realice de forma prudente para que non cause efectos negativos no control da pandemia do coronavirus que fagan preciso volver a restrinxir as normas. Na man de cada un de nos, e de todos como comunidade, está poder seguir freando os contaxios e a expansión da pandemia para poder volver todos ás rúas o antes posible. O Concello difundirá en medios de comunicación, redes sociais e páxina web municipal as normas dos paseos para os menores de 14 anos, así como os espazos nos que poderán realizarse, onde tamén se colocarán carteis informativos. As normas e condicións completas establecidas polo Goberno do Estado para rexer o paseo dos menores de 14 anos pódense consultar no BOE publicad hoxe, sábado, 25 de abril, orden a que tamén se recolle a autorización para a apertura de espazos naturais para o desenvolvemento desta medida de alivio do confinamento. |
Imágenes y comentarios sobre lo que se ve cuando se pasea por la villa.
Mostrando entradas con la etiqueta Bando. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Bando. Mostrar todas las entradas
domingo, 26 de abril de 2020
O Concello permite o paseo dos menores por parques e praias baixo estrito cumprimento das normas establecida
Suscribirse a:
Entradas (Atom)