Diante do avance da transmisión do coronavirus e das medidas que acaban de ditar o Goberno central e a Xunta de Galicia, o Concello de Vilagarcía decidiu habilitar un teléfono de atención continua ás persoas maiores dependentes ou inmunodeprimidas do municipio que non poden saír das súas casas. Deste xeito se garantirá a atención básica en canto a medicinas ou alimentos, pero tamén servirá de soporte para calquera outra cuestión que poidan requirir. O número é o 687 073 336. Estará operativo desde mañá, luns, ás 08:00 horas. Ademais, os interesados poderán utilizar tamén o número xeral do Concello, 986 099 200, extensións 102 e 139, de luns a venres e de 08:00 a 15:00 horas. |
14.03.2020. Precisamente mañá, a primeira hora, se desenvolverá unha xuntanza de coordinación dos Servizos Sociais -que dirixe Tania García, á súa vez portavoz do goberno- para concretar tanto esta medida como outras que se poidan poñer en marcha nos vindeiros días diante do avance da pandemia e, sobre todo, pensando en aqueles veciños e veciñas e as súas familias máis vulnerables. Despois desta reunión sucederase outra, a do comité de seguimento da crise; un grupo que dirixe o alcalde, Alberto Varela, e do que forman parte varias concellerías e servizos máis directamente implicados no caso. Con independencia das medidas que poida adoptar o concello a nivel local, o goberno de Alberto Varela quere expresar o seu agradecemento aos cidadáns pola súa demostración de civismo e solidariedade despois do peche de instalacións municipais e as restricións dos servizos públicos. De feito, hoxe xa se notou unha notable diminución da presenza de persoas nas rúas, o que implica que comeza a calar a idea de que o mellor é quedarse na casa e non saír á rúa salvo que sexa estritamente necesario. O Concello insiste, como Goberno central e a Xunta, en que a mellor forma de combater esta pandemia é evitar os contaxios a un nivel que poida derivar no colapso do sistema sanitario. |
Imágenes y comentarios sobre lo que se ve cuando se pasea por la villa.
sábado, 14 de marzo de 2020
O Concello habilita un teléfono de atención continua 24h para as persoas dependentes ou inmunodeprimidas que non poden saír de casa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario